@cwebber This is specially important for depressive girls! Antidepressants can make your hot girl dizzy during Summer, so remind her to drink an extra glass of water with her duloxetine
Ola @ElSaltoDiario hai algunha maneira de facer unha busca na vosa web restrinxida á edición galega? Por exemplo, quero buscar artigos que mencionen a palabra "croissant" pero só na sección galega, non en todo El Salto
Fediverso, fai a túa maxia: un amigo preguntoume por tíos youtubers ou streamers que falen de cousas de tíos dun xeito positivo, poden ser en castelán ou inglés. Xa lle pasei o sitio de broders.es pero non coñezo case nada de brotube 🙁 Aiuda por favor
@fanta marabilla Organic Maps, encántame poder tirar de mapas descargados e non ter que tirar de datos, ademais así gasta menos batería que tamén se agradece cando estou de viaxe
O outro día lin un tuto que dicía "polo menos os nazis eran boísimos enxeñeiros, non coma Musk". Entendo que é unha broma porque Musk é un inútil, pero non pouca xente pensa que os nazis eran bos enxeñeiros e por iso conseguiron o que conseguiron. Pero os nazis non conseguiron nada pola súa intelixencia superior, simplemente tiñan muitísima man de obra baratísima ou directamente forzada a traballar para o rexime. A idea dos nazis bos enxeñeiros é pura propaganda nazi.
Os nazis gastaron o equivalente a 30 millóns de euros actuais en construír o canón máis grande da historia e era tan grande e aparatoso que non podían nin apontar correctamente. E despois encargaron outro máis. Tiveron que construír vías de ferrocarril e montañas para disimular que estaban a montar un canón xigantesco. 5000 soldados para cada paseo. Conseguiron algo aparte de queimar 60 millóns de euros? Que carallo ían conseguir cun canón que non apontaba ben? Pois así con todo.
Os nazis eran señores normais con muitísimo diñeiro, muitísima man de obra e toda unha estrutura que dicía que si a calquera idea estúpida e imposible que dixesen en voz alta, por iso acabaron matándose en bunkers ou chorando nun xuízo dicindo que "mimimi eu só seguía ordes". Os nazis só sabían facer ben unha cousa: a propaganda. E cada vez que alguén di "polo menos sabían facer coches" ou "polo menos sabían vestir", está reproducindo a súa propaganda.
@kevinrns AFAIK my post not offering a Translate option isn't in my control, right? I usually just copy the text and paste into whatever translator I use though
Haberá que presentarse, que tá a chegar muita xente nova! 🐈⬛ Son hélio, viñen aquí hai un par de anos, cando cansei de ser alguén no Galituiter. Son non binarie, autista e anarca. Teño fibromialxia, tourette e unhas 50 cousiñas máis. Estudo filoloxía galega, fun bailadore dende que aprendín a camiñar e quero ser bibliotecarie. Falo de música e cine, de cousas de ser pobre, de goticadas e bruxería. Ás veces falo de cousas kinkis (sempre con aviso). #presentación