Na @esLibre#eslibre2026#Melide moitxs ESFeiras nos xuntamos para aprender de #tecnoloxiaLibre e tamén falar sobre a Guía de Autodefensa Dixital, transición ecosocial e enerxética, creación de redes comunitarias, resistencia dixital en Honduras con @barracondigital, e de cacharreo variado, ademais de para botar unha man ao superequipo de #melisa@galpon#ozulo@gpul_ ... E tivemos tempo para ter unha reunionciña e gravar un vídeo!
Esta semana estivemos presentando a Guía de Autodefensa Dixital en xornalismo, nas materias de Comunicación Interactiva e Xornalismo Automatizado Intelixente. Falamos das ferramentas libres máis útiles para que futuras xornalistas se protexan de ser ratreadas nas súas investigacións así como ter comunicacións seguras con persoas en programas de protección.
Deixamos tamén na facultade de comunicacións da USC a exposición "Coñeces o teu móbil?".
Estes días tivemos a sorte de ser convidadas a 2 encontros de #EconomíaSocial, nos que coñecemos como as empresa poden contribuír a outro mundo posible
No blogue de @ElSaltoDiario@osaltogz La Tecnología no nos Salvará, o noso Sergio fala de comunicación para a transformación social. Visibilizando as iniciativas "doutro mundo posible" damos esperanza e comunicamos en positivo,sen ignorar os problemas
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia somos unha asociación que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria poñendo a tecnoloxía ao servizo do ben común. Traballamos sensibilización, educación, investigación e cooperación ao desenvolvemento en sectores como a soberanía alimentaria e a defensa da terra🌽 , o dereito humano á auga💧 , a soberanía dixital🐧 , a enerxía e cambio climático💡, tecnofeminismos♀️ ou a tecnoloxía para a inclusión♿. Galicia, Honduras, Mozambique