Esta semana estivemos presentando a Guía de Autodefensa Dixital en xornalismo, nas materias de Comunicación Interactiva e Xornalismo Automatizado Intelixente. Falamos das ferramentas libres máis útiles para que futuras xornalistas se protexan de ser ratreadas nas súas investigacións así como ter comunicacións seguras con persoas en programas de protección.
Deixamos tamén na facultade de comunicacións da USC a exposición "Coñeces o teu móbil?".