Unha tradición que tiñamos por parte da miña abóa de Caldas de Reises era agora en Pascua que facía unhas bolas de pascua con ovos (con máis de 2 docenas de ovos) e pan de manteiga e regala a todos os netos. Xa pasou moito tempo, xa morreu a aboa 😞 pero aquela foto do 2008 quedou para que a Internet sepa de esta tradición panadeira do Salnés e coma era a que facía a aboa.
Para quen teña curiosidade ou desconfianza esas manchas negras non eran suciedade dos ovos, lavabanse antes de usar, pero salpicaba a xema de ovo que usabamos para pintar as tiras de pan que van por riba. Idem, os ovos que vedes rotos comíanse igual, non había problema. De feito a algúns ainda nos gustaban máis porque quedaban máis torrados por dentro.