Ola #Mastodon!
Aquí un novo ser que se une ao Fediverso, procurando dar con xente bonita e tranquila, lonxe do barullo das plataformas corporativas. Un ser que se interesa pola cultura e a lingua galegas, pero tamén polo software libre, a historia, a arqueoloxía, a filosofía, a política, a ecoloxía, o cinema, a música... En fin, tantas cousas! :ablobcheer: