1/x Vou a falar unha vez máis de #Mastodon e do que está acontecendo con #twitter e #bluesky
Non dende un punto de vista técnico senón persoal.
Lin esta mañá un fío moi interesante que publicou @coegho comparando Mastodon e BlueSky e quedeime todo pillado porque...
Porque teño que recoñecer (sen vergonza ningunha) que estou completamente pillado/namorado de Mastodon. Sinto esa ilusión das primeiras semanas de relación. Sabedes? Teño elefantiños facéndome cóxegas no estómago.